
CAPÍTULO 1:
Neste primeiro capítulo preséntanse ós personaxes da obra.O capítulo comeza cunha liorta entre bandas,’greasers’ e ‘socs’.O noso personaxe principal pertence á primeira e, polos datos que nos ofrece sabemos que o personaxe ten dous irmáns(Darry e Soda)e non ten pais,xa que lle morreran nun accidente de tráfico.Tamén sabemos que ten varios ‘colegas’ de banda, coma Two-Bit Mattew ou Johnny Cade .A historia comeza partir do acurralamento que o noso personaxe sofre por parte dos ‘socs’.
CAPÍTULO 2:
Neste segudo capítulo a historia céntrase no diálogo que manteñen Johnny e o noso personaxe(Ponyboy Curtis) con dúas rapazas(Marcia e Cherry) que pertencen ós socs.Logo hai un flash-back transportándose ó día no que lle deron a malleira a Johnny que o marcou para a súa vida e a dos seus compañeiros.
CAPÍTULO 3:
Neste terceiro capítulo o noso personaxe encóntrase nunha situación un pouco perigosa trala aparición dun Mustang azul cheo de socs.Ó final non hai liorta pero Ponyboy decide fuxir da casa trala labazada que lle da o seu irmán Darry a causa das protestas xeradas pola chegada tardía de Pony á casa.Logo replantea se debe fuxir.
CAPÍTULO 4:
Neste cuarto capítulo a historia céntrase na fuxida de Johnny e Pony tralo asasinato dun soc.
Os dous pídenlle cartos a Dallas Winston(Dally)para sobreviviren e marchan a vivir a unha igrexa abandonada situada en Windrixville.
CAPÍTULO 5:
Neste quinto capítulo Johnny utiliza os cartos que lle dera Dally para comprar víveres e ademais os dous personaxes cortan o pelo para non seren recoñecidos pola policía.Por último reciben a visita de Dally,que lles conta como vai o barrio.
CAPÍTULO 6:
Neste sexto capítulo o máis salientable é o incendio que se produce na igrexa onde Johnny e Pony andaban agochados.Ó decatárense de que había uns cativos no recinto non o dudaron e acudiron a rescatalos con malas consecuencias,xa que tiveran que ir ó hospital e alí reunirse de novo con Sodapop e Darry.
CAPÍTULO 7:
Neste séptimo capítulo prodúcese un feito que fai un cambio de carácter ó protagonista.É a situación de vida ou morte na que se encontra Johnny tralo incendio.Pony volve á casa e alí marcha a dar un paseo con Two-Bit e se encontra cun soc chamado Randy que lle fala do recén asasinado Bob e na pelexa entre socs e greasers.
CAPÍTULO 8:
Neste capítulo Two-Bit e Pony conseguen ver a Johnny que se encontra en moi mal estado no hospital.Tamén conseguen ver a Dally que lles desexa sorte de cara á pelexa. Polo camiño a casa o noso protagonista(Pony) encóntrase con Cherry Valance(exnoiva do falecido soc Bob).Cherry dille a Pony algúns detalles da estratexia dos socs e Pony reacciona dunha foram un tanto estraña.
CAPÍTULO 9:
Neste capítulo prodúcese a xa mencionada pelexa entre socs e greasers aliados con hoods novos e vellos.A pelexa remata coa vitoria dos greasers.Dally e Pony corren ao hospital a transmitirlle a noticia a Johnny que uns instantes despois morre.
CAPÍTULO 10:
Neste capítulo Pony volve á casa aturdido pola morte de Johnny e unha vez chegado alí recibe unha chamada de Dally pedíndolles axuda xa que estaba buscado pola policía.Pero como Johnny era a persoa á cal máis aprecio lle tiña Dally non o dudou dúas veces e púxose diante das pistolas dos axentes cun dramático final.Pony é trasladado ao hospital e unha vez de volta na casa descobre que non paraba de soñar con Soda e Darry.
CAPÍTULO 11:
Neste curto capítulo o noso personaxe recibe visitas dos seus compañeiros do instituto e mantén unha longa conversación con Randy,o amigo de Bob.Falan acerca do xuízo e sobre os feitos que fixeron que Bob morrera.
CAPÍTULO 12:
Neste último capítulo Pony queda absolto do xuízo e non vai ó anteriormente mencionado orfanato.Os tres irmáns volven levar unha vida normal pero Soda non aguanta máis e foxe polas liortas entre Pony e Darry que se acaban solventando finalmente.Curiosamente Pony encontra unha carta que Johnny lle escribira antes de morrer que explicaba as últimas palabras que lle dixera Johnny(Segue dourado).A partir disto Pony decide contar toda a súa aventura nunha redacción para a clase de Lingua que lle servirá para conseguir o aprobado.
PERSONAXES:
Ponyboy Curtis
Sodapop Curtis
Darry Curtis
Johnny Cade
Two-Bit Matthew
Dallas Winston
Marcia e Cherry Valance
Randy e Bob
BANDAS:
SOCS,GREASERS E HOODS.
VALORACIÓN PERSOAL:
Para min este libro foi un dos que máis me gustou dos que tiña lido; ademais,é un libro totalmente adaptado á nosa idade, o que fai que non se pare de ler ata que non se remata;polo menos a min, que me tivo intrigado ata ó final.
FIN
No hay comentarios:
Publicar un comentario